Airbnb impartirá cuatro acciones formativas en SmartPeme - Actualidade
Actualidade
Airbnb impartirá cuatro acciones formativas en SmartPeme
Data: venres, 04 de xuño de 2021
Os días 15, 16, 22 e 23 de xuño, Airbnb impartirá dentro da programación de obradoiros do proxecto SmartPeme catro accións formativas dirixidas a persoas emprendedoras, autónomas e Pemes do sector turístico da provincia de Pontevedra.
O ciclo comezará o día 15 cun obradoiro en liña sobre como crear anuncios de aloxamentos e continuará o día 16 con como crear anuncios de actividades, visitas guiadas e experiencias na plataforma dixital. A semana seguinte, os días 22 e 23 de xuño, continuarán con relatorios sobre a optimización de anuncios para aloxamentos e optimización de anuncios para actividades, visitas guiadas e experiencias. Estas actividades desenvolveranse a través de obradoiros telemáticos co fin de proporcionar máis ferramentas e recursos ao sector turístico e mellorar a súa comercialización en liña.
Estas formacións estarán enfocadas tamén a mellorar a presenza dixital da nosa oferta aloxativa e de experiencias, e orientadas a satisfacer unha demanda que mostra clara preferencia por Rías Baixas nas súas procuras na internet, pois somos un destino seguro e sostible cun tecido empresarial dinámico e activo que soubo reinventarse e adaptarse.
A tecnoloxía debe ser aproveitada para impulsar o turismo e será, sen dúbida, un aspecto clave para unha rápida recuperación da actividade turística, o posicionamento das Pemes e do noso destino. Nun contexto no que se espera un importante crecemento do turismo nacional e no que a comercialización en liña de experiencias ten un gran potencial, a formación e o asesoramento tecnolóxico especializado axudarán en gran medida á competitividade e sustentabilidade dun sector tan relevante para a nosa provincia.
Estos obradoiros en liña especializados en turismo non teñen custo e están abertos a todos os axentes do sector, así como a persoas emprendedoras e público interesado en xeral. Para máis información e inscricións:
- Como crear anuncios de aloxamentos en Airbnb
- Como crear anuncios de experiencias en Airbnb
- Optimización de anuncios de aloxamentos en Airbnb
- Optimización de anuncios de experiencias en Airbnb
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Marzo 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles01 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ferramentas de vídeo con IA- Runway, Hey Gen, Sora04 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, fallos de seguridade nos modelos de IA xerativa08 de abril de 2024 10:30Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google10 de abril de 2024 12:00Máis información
- Horizon Workrooms - obradoiro desde o Metaverso11 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na internet15 de abril de 2024 10:30Máis información