Actualidade

« Atrás

Airbnb impartirá cuatro acciones formativas en SmartPeme

Data:  venres, 04 de xuño de 2021

 

 

Os días 15, 16, 22 e 23 de xuño, Airbnb impartirá dentro da programación de obradoiros do proxecto SmartPeme catro accións formativas dirixidas a persoas emprendedoras, autónomas e Pemes do sector turístico da provincia de Pontevedra.

O ciclo comezará o día 15 cun obradoiro en liña sobre como crear anuncios de aloxamentos e continuará o día 16 con como crear anuncios de actividades, visitas guiadas e experiencias na plataforma dixital. A semana seguinte, os días 22 e 23 de xuño, continuarán con relatorios sobre a optimización de anuncios para aloxamentos e optimización de anuncios para actividades, visitas guiadas e experiencias. Estas actividades desenvolveranse a través de obradoiros telemáticos co fin de proporcionar máis ferramentas e recursos ao sector turístico e mellorar a súa comercialización en liña.

Estas formacións estarán enfocadas tamén a mellorar a presenza dixital da nosa oferta  aloxativa e de experiencias, e orientadas a satisfacer unha demanda que mostra clara preferencia por Rías Baixas nas súas procuras na internet, pois somos un destino seguro e sostible cun tecido empresarial dinámico e activo que soubo reinventarse e adaptarse.

A tecnoloxía debe ser aproveitada para impulsar o turismo e será, sen dúbida, un aspecto clave para unha rápida recuperación da actividade turística, o posicionamento das Pemes e do noso destino. Nun contexto no que se espera un importante crecemento do turismo nacional e no que a comercialización en liña de experiencias ten un gran potencial, a formación e o asesoramento tecnolóxico especializado axudarán en gran medida á competitividade e sustentabilidade dun sector tan relevante para a nosa provincia.

Estos obradoiros en liña especializados en turismo non teñen custo e están abertos a todos os axentes do sector, así como a persoas emprendedoras e público interesado en xeral. Para máis información e inscricións:

Fonte:  SmartPeme