Actualidade

« Atrás

Actualizar os plugins do teu Wordpress é moito máis importante do que pensabas

Data:  venres, 18 de decembro de 2020

Cando comezamos o noso proxecto de páxina web ou tenda en liña por primeira vez co xestor de contidos Wordpress, sorprendentemente pasamos por unha etapa de aprendizaxe un pouco máis dura do que se pensa.
 
Nese mundo tan fascinante que é o do Wordpress comezan a xurdir novos termos que poñen a proba a nosa etapa de aprendizaxe: widgets, plugins, sidebar, addons, shortcodes… e é necesario coñecer cal é a funcionalidade e finalidade de cada un.
 
Como sempre dicimos en SmartPeme, un plugin é unha pequena aplicación que instalamos no noso Wordpress para ter máis funcionalidades. Isto é ben simple, podemos exemplificalo pensando nos smartphones que mercamos. Estes mesmos veñen sen ningunha aplicación implementada e, polo tanto, necesitamos pasar por unha etapa de instalación de apps para ter máis funcionalidades.
 
A mesma situación pasa cando estamos deseñando a nosa web, blogue ou tenda en liña, cando comezamos a notar que necesitamos novas funcionalidades: formularios de contacto,  comercio electrónico, posicionamento SEO, aumentar tráfico ou velocidade, incrementar a seguridade…
 
Pasadas todas as etapas de construción e posta en escena da nosa web, é ben sabido que, ao igual que as aplicacións móbiles se teñen que actualizar, o mesmo pasa cos plugins do noso Wordpress. É por iso que hoxe imos coñecer por que é tan importante manter actualizados estes pequenos programas.
 
Unha vez instalados os plugins e activados, debo actualizalos constantemente?
 
Si, é necesario por varias razóns que vamos a ver a continuación:
  • Compatibilidade: en moitas ocasións, dispoñer de versións antigas fai que se produzan incompatibilidades na contorna web. Se fas algunha actualización de versión do núcleo do Wordpress, deberás actualizar os plugins para que non exista ningún elemento desfasado, sempre e cando estes mesmos tamén o requiran.
  • Seguridade: é unha das razóns máis importantes pola que deberías guiarte para ter unha rutina de actualización constante. Existen moitos hackers ou cibercriminais que buscan vulnerabilidades a través do software non actualizado. Ao fin e ao cabo, ter un burato aberto polo que acceder, pode poñer en perigo a nosa páxina web. 
  • Erros: se mantemos actualizados os plugins, así poderemos emendar posibles erros que se puideran producir durante o desenvolvemento do mesmo e posta en marcha. 
Debes actualizar de forma continua os plugins para evitar posibles incompatibilidades e permitir o correcto funcionamento do Wordpress
 
Antes de actualizar
 
Recorda que antes de actualizar debes seguir uns consellos de boas prácticas que farán que a saúde da túa web se prolongue. 
  • Fai unha copia de seguridade: seguramente teñas configurado a copia de seguridade co teu hosting ou cun plugin. Aínda que as teñas programadas automáticamente, recorda facer unha a maiores antes de facer a nova implementación dos plugins.
 

Como se fan as actualizacións?
 
As actualizacións pódense facer tanto manuais coma automáticas. 
 
O máis recomendable é facer as actualizacións manuais, dunha en unha, para evitar posibles incompatibilidades e problemas de rendemento. Para poder facer actualizacións automáticas, existen plugins especiais para esa función. 
 
Se queres facer unha instalación masiva pero de maneira manual, non esquezas de seleccionar todos os plugins e premer na opción "Acciones en lote" para facelo á vez e da forma máis correcta posible. 
 
Actualizar un plugin é unha acción fácil e sinxela pero necesaria. Como último consello, proba a facer unha limpeza con todos aqueles plugins que non utilices. Mellorarás a saúde da túa web e a súa rendibilidade.
 
Fátima Failde
Asesora TIC

Fonte:  SmartPeme