Actualidade

« Atrás

A sexta edición da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia entrega os seus premios

Data:  venres, 13 de xuño de 2014

Na noite deste venres 13 de xuño  levouse a cabo no compostelánHotel-Monumento San Francisco aNoite da Enxeñaría en Informática de Galicia, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) á que acudían máis de 250 persoas. Ao evento asistían as persoas colexiadas, empresariado, profesionais e autoridades das distintas administracións, no que actuou como mestre de cerimonias Rober Bodegas.

No seu discurso, o presidente do CPEIG -Fernando Suárez Lorenzo- salientou que o sector das tecnoloxías da información galego está "á cabeza do Estado". De feito, o número de empresas do sector en Galicia superou as 2.000, cun crecemento superior ao 15% desde 2010 e, na actualidade, emprega a máis de quince mil traballadores. Esas cifras sitúan a Galicia como a quinta comunidade de España con maior número de firmas tecnolóxicas. 
Entre outras autoridades, estiveron presentes: presidentes doutros colexios autonómicos de Enxeñaría en Informática, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria -Jesús Vázquez- e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira.

JPEG - 44.7 KB
Torus recibiu o Premio á Mellor Iniciativa Emprendedora

E os premiados nesta sexta edición da Noite foron:

  • Premio Iniciativa Emprendedora: Torus Software (Torusware).
  • Premio Proxecto Fin de Carreira: Adrián Pérez Diéguez
  • Premio Iniciativa Empresarial: Igalia.
  • Premio e-Inclusión: TADEGa. Asociación sen ánimo de lucro constituída por profesionais da educación galega que se centran na atención á diversidade
  • Premio Ada Byron: Bertha Guijarro Berdiñas. Vicecoordinadora-responsábel científica do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da UDC.
  • Mención especial para o Centro de Supercomputación de Galicia S.A (CESGA) polos seus 20 anos de traxectoria.
  • Premio Iniciativa da Administración: GAIN (Axencia Galega para a Innovación).
  • Premio Traxectoria Profesional: Francisco García Morán, conselleiro xefe en TIC da Comisión Europea.
  • Colexiados de Honra: Domingo Molina Moscoso e Jacinto Canales de Caso.
Domingo Molina Moscoso, é director de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) da Administración do Estado. 
Jacinto Canales de Caso é presidente do Consello de Colexios de Enxeñaría en Informática, máximo órgano de representación da profesión en España. 
O CPEIG quere agradecer a colaboración dos patrocinadores da Noite da Enxeñaría en Informática que, este ano, baten marcas anteriores até chegar a preto de 40 empresas ou institucións que apoian o evento do CPEIG.
  • Patrocinadores Ouro: Altia, AMTEGA, Bahía Software, Emetel, Everis, HP-Intel, Indra, Plexus, R, Retegal e Telefónica.
  • Patrocinadores Prata: Acuntia, Atos, Avaya, Balidea, Cisco, Concello de Santiago, Coremain, Deputación da Coruña, Deputación de Pontevedra, Ednom, Epson, Esri, Fortinet, Imatia, Inforhouse, Intel, Inycom, Kaspersky, La Caixa, Oesía, Oracle, Sdweb, Secretaría Xeral de Igualdade, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Tecnocom e Vodafone.
JPEG - 105.5 KB
Premiados e patrocinadors da VI Noite en Informática de Galicia

Fonte:  http://www.codigocero.com/A-sexta-edicion-da-Noite-da



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento