Actualidade

« Atrás

50 ferramentas de márketing en liña que che encantarán

Data:  xoves, 10 de xullo de 2014

Presentamos unha compilación de máis de 50 ferramentas que che axudarán a xestionar, crear e promover contidos nos teus proxectos, divididos en categorías..

Ferramentas de xestión de contidos

  • Feedly: un lector de RSS que che axudará a coñecer todas as novidades do teu negocio
  • Storify: unha ferramenta para recompilar contido de redes sociais que despois podes amosar nun só lugar. Ideal para xornalistas ou para recompilar fitos en liña
  • Curata: ferramenta para buscar e arquivar contidos relevantes
  • Flipboard: unha ferramenta para estar sempre ó día. Permite ler por RSS os teus medios favoritos ou segundo as súas recomendacións. Preséntase cun estilo magazine
  • Pocket: ferramenta para arquivar contido para ler posteriormente
  • Linkstant: recibe unha alerta cada vez que alguén enlace a túa web ou blogue

Ferramentas para monitoraxe e análise

Para  analizar a túa presenza ou a da túa competencia recoméndanse as seguintes ferramentas:

  • Quicksprout: con esta ferramenta podes conseguir un informe básico sobre a túa web. Existe unha versión de pago que proporciona máis datos
  • Google Alerts: identifica as túas palabras clave e ponche alertas para estar ó día
  • Mention: unha ferramenta que che permite monitorizar palabras clave en redes sociais e internet
  • SharedCounter: analiza o social share das túas ligazóns con esta ferramenta sinxela
  • Topsy: procura avanzada de contidos en Twitter
  • LikeAlyzer: unha ferramenta para analizar a túa páxina de fans ou a da túa competencia
  • Keyhole: monitoraxe de palabras, ligazóns ou hashtags en Twitter, Facebook e Instagram

Ferramentas para crear contidos (deseño)

  • Thinglink: unha fantástica ferramenta para crear contidos interactivos para internet e redes sociais
  • Piktochart: ferramenta para crear infografías
  • Infogr.am: outra ferramenta de creación de infografías
  • Canva e PicMonkey:  ferramentas para crear gráficas moi atractivas, con modelos que permiten resultados aceptables sen coñecementos de deseño
  • Powtoon: para crear vídeos infográficos

Ferramentas para a xestión e promoción de contidos

  • Slideshare: para subir presentacións
  • Bitly: ferramenta para acurtar ligazóns que tamén permite personalizalas. Un truco: se a túa competencia comparte ligazóns e queres saber as súas estatísticas tan só copia a súa ligazón, agrega "+" ó final e verás as cifras.
  • Box, Google Drive e Dropbox: ferramentas para almacenar contidos de forma gratuíta (todos teñen Gb gratis)

Ferramentas para mellorar o teu posicionamento

  •  Ubersuggest: unha ferramenta que che axuda a xerar palabras clave relacionadas co túa marca ou con algo en concreto
  •  Yoast: un plugin de WordPress que che axuda a situar os teus contidos
  •  Keyword Tool de Youtube: ideal para conseguir boas palabras clave que che axuden a situar os teus contidos en vídeo

Ferramentas de produtividade

  •  Evernote: é un ferramenta que, usada correctamente, che axudará a mellorar a túa produtividade.  Podes crear, arquivar e recompilar todo tipo de información
  •  OneTab: recompila nunha soa pestana todas as que tes abertas en Chrome. Produtividade ó máximo nivel
  •  Focusbooster: para que te concentres e poidas terminar as cousas importantes
  •  IFTTT: é unha ferramenta moi potente que permite crear receitas para automatizar procesos, o que implica aforro de tempo

Ferramentas de redes sociais

  •  Buffer: unha ferramenta fantástica para promover contido con datas programadas en Linkedin, G+, Twitter e Facebook
  •  Hootsuite: ferramenta para xestionar de forma efectiva múltiples perfís de distintas redes sociais
  •  Tweetdeck: ferramenta oficial de Twitter para xestionar múltiples contas
  •  Bloonder: para crear concursos en Facebook, Twitter e blogs (o primeiro é gratis)
  •  Monitor Wildfire: para ver o incremento de seguidores dunha conta de Twitter, Facebook ou G+, podes mesmo comparar a túa marca con outras
  •  Rowfeeder: ferramenta para monitorizar en tempo real (con Google Docs) os tweets dun hashtag ou perfil. Tamén dá informes de resultados

Ferramentas de blogging

  •  WordPress: plataforma líder para a creación de blogus e webs Sen dúbida das máis completas
  •  Click to Tweet: para inserir un caixón que promove novos titulares das túas publicacións para conseguir máis repercusión dos teus contidos

Ferramentas de analítica

  •  Pirendo: analítica en Facebook e Twitter
  •  Twitter Analytics e Facebook Analytics ofrécenche insights gratuítos
  •  Google Analytics: analítica de páxinas web
  •  Alexa: para medir o ránking de páxinas webs
  •  Simply Measured: unha plataforma que ofrece varios informes gratuítos de redes sociais
  •  Social Bro: unha boa ferramenta para manexar e optimizar os perfís de Twitter. Ofrece varias funcionalidades que che permiten xestionar comunidades
  •  Iconosquare: ferramenta de analíticas en Instagram

Ferramentas de email marketing

  •  Acumbamail: plataforma para envíos de campañas de email marketing
  •  Benchmark Email: outra plataforma tamén en español que che permite crear campañas de email marketing
  •  Mailchimp: a máis famosa  ferramenta de email marketing
  •  Mailrelay: ferramenta de email marketing

Outros publicacións sobre ferramentas que che poden axudar

  •  Ferramentas para community managers
  •  Ferramentas para bloggers
  •  Ferramentas de Instagram
  •  Plugins de WordPress

Nota de prensa

08/07/2014

http://vilmanunez.com/2014/07/03/herramientas-marketing-online/

Fonte:  http://vilmanunez.com