Actualidade

« Atrás

28 de xuño, Día da Persoa Asesorada na oficina de SmartPeme en Vigo

Data:  xoves, 21 de xuño de 2018

 
No pasado mes de marzo, derivado dun continuo proceso de evolución, o proxecto  SmartPeme comezou unha nova etapa, ampliando a carteira de servizos existente co obxectivo de continuar axudando ás empresas pontevedresas a ser máis competitivas na contorna económica actual.
 
 O que comezou como un servizo de asesoramento en materia tecnolóxica evolucionou na prestación de tres novas grandes liñas: o Centro Provincial de Economía Dixital ( CPED),  SmartPeme Impulsa e  TurisTIC.
 
O  CPED, está situado no viveiro de empresas situado en Barro-Meis, centrado en axudar ás empresas da provincia para descubrir as ferramentas e aplicacións máis relevantes da economía dixital e as súas solucións máis innovadoras, apoiado nas instalacións do  FabLab que a Deputación ten no viveiro.
 
SmartPeme Impulsa, nace como un servizo específico en materia de innovación, competitividade e internacionalización, axudando ás empresas locais a posicionarse para competir nos mercados internacionais.
 
Finalmente  TurisTIC céntrase no apoio ao sector turístico na implantación das novas tecnoloxías. 
 
Con motivo de impulsar todas estas novidades, queremos convidarche  a asistir o día 28 de xuño ao "Día da Persoa Asesorada" na nosa sede de Vigo. Realizaremos oito talleres ao longo do día nos que se abarcarán temáticas TIC, turismo, economía dixital, imaxe e innovación, representando o itinerario formativo das carteiras de servizo que ofrecemos en  SmartPeme. Ademais poderás solicitar asesoramento personalizado cos asesores da rede en calquera destas materias.
 
Estes son os talleres que se impartirán durante a xornada:
 
                      Qué é e para que serve Arduino?
 
                      A innovación como ferramenta para pemes
 
                       Márketing de contidos
 
                      Ferramentas de  prototipado rápido
 
Inscríbeche nos talleres do Día da Persoa Asesorada ou solicita asesoramento individualizado a través da nosa web, chamando ao 886 20 20 20 ou enviando un correo a info.smartpeme@depo.es

Fonte:  SmartPeme